viernes, 15 de mayo de 2015

SOLUCIÓNS AOS DESAFÍOS MATEMÁTICOS!!!!!!!!!!!!



Ola!!!!!!!!Xa estamos aquí coas
 solucións ao desafío matemático!!!!!!!!!!
 
 
SOLUCIÓN AO DESAFÍO MATEMÁTICO DE EDUCACIÓN INFANTIL
 
A SOLUCIÓN AO VOSO DESAFÍO ERA:
 
 5!!!!!!!!!!!!!!!
 
SÍ, 5 INSTRUMENTOS TOCABAN OS 7 ENANIÑOS. ALGÚNS DE VÓS CONTÁCHEDES 4; O MELLOR NON CONTÁCHEDES A FRAUTIÑA QUE PARECE UN PEIXE. NON PASA NADA, O IMPORTANTE COMO XA DIXEMOS É PARTICIPAR E OS NENOS E NENAS DE INFANTIL O FIXÉCHEDES DE SOBRESAÍNTE TODO O CURSO.
RATIÑO E RATIÑA ESTÁN MOI ORGULLOSOS DE VÓS!!!!!!!!!!!!!















 

 
OS ACERTANTES DO DESAFÍO FORON:
  • 3 ANOS: ÁNGELA BLANCO LAGO (GRUPO B)
  • 4 ANOS B: LUIS VÁZQUEZ ESTÉVEZ, MARTA, OLALLA, ANTONIO, VIOLETA, XIANA, SABELA PEDREIRA, VEGA
  • 5 ANOS: XIÁN, DANIEL, ÁLEX, MANUEL, ALEXANDRE, XAVI, ISAAC, MIRIAM, JOSE MANUEL, NICOLÁS, ADRIÁN E ANA CAROLINA.
SOLUCIÓN AO DESAFÍO MATEMÁTICO DE 1º E 2º CURSO
 
 
Aquí tedes a solución ao voso desafío. Houbo un pleno de acertantes. Moi ben!!!!!!!!
 
Tíñades que colocar os números 5, 7 e 6 para que as sumas en filas e columnas dera 15 como xa explicamos a semana pasada. Entón o cadrado máxico quedaría como sigue:

Os acertantes foron:
  • Marta Pérez González (1º A)
  • Ismael Pato Pérez (1º A)
  • Pedro Alonso (2º A)
  • Noelia Barros Sío (2º A)
  • Lucía Blanco Lago (2º B)

SOLUCIÓN AO DESAFÍO MATEMÁTICO DE 3º E 4º
 


A solución é levantando o vaso con auga (o do medio) e vertendo o auga no vaso baleiro do extremo dereito. Logo colocamos o vaso que movemos no lugar inicial, só que agora estará baleiro e xa temos os vasos intercalados (Baleiro- cheo) como nos pedían. E todo o fixémos movendo un só vaso, verdade?
Vese mellor neste debuxo animado de abaixo:



A única participante e acertante foi: Aitana Díaz Barciela (3º B). Moi ben!!!

SOLUCIÓN AO DESAFÍO MATEMÁTICO DE 5º E 6º
 
Ola rapaces e rapazas!!!! Esta vez houbo poucos participantes neste dasafío matemático, e por desgraza ningún acertante. Paréceme que non vos fixástes ben porque había máis triángulos dos que parecía. Tiña truco!!!!!!
 A ver se con uns debuxos o entendedes mellor :)
Neste debuxo hai 6 triángulos non? Como vedes, cada un pintado dunha cor:
Os brancos non son triángulos, xa que, como vedes teñen 4 lados e non 3.

Pero, ademáis, podemos formar máis triángulos:
Por exemplo, sumando a parte branca e amarela ou a branca e azul:
Do mesmo xeito podemos formar outros triángulos:
 



Agora contamos e hai............12 TRIÁNGULOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Aquí tedes un vídeo para que o entendades mellor:

 

 
 
 
 
E AGORA, COMO DI A CANCIÓN, TOCA DALA DESPEDIDA.....
 
ESTE ERA O DERRADEIRO DESAFÍO MATEMÁTICO DESTE CURSO.
 RATIÑO E RATIÑA ESPERAN QUE O DISFRUTÁRADES MOITO E QUE SIGADES TRABALLANDO COAS MATES. 
QUÉRENVOS DAR AS GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPÁCHEDES NUN MOMENTO OU OUTRO, AS NAIS E PAIS, OS MESTRES E MESTRAS E SOBRE TODO OS NENOS E NENAS QUE CON TANTO ESFORZO DEIXÁCHEDES AS VOSAS RESPOSTAS!!!!!!!!! ESPERÁMOSVOS OS PRÓXIMO CURSO CON NOVOS DESAFÍOS.
AGORA A REMATAR O CURSO CON MOITO ÁNIMO!!!!! QUE LOGO CHEGAN AS VACACIÓNS PARA RECOMPENSAR TANTO TRABALLO.
 
ATA PRONTO!!!!!!!!!!!!!!!  

 



viernes, 8 de mayo de 2015

DESAFÍO MATEMÁTICO DO 8 AO 14 DE MAIO

 

OLA!!!!!! XA ESTAMOS DE VOLTA CUN NOVO DESAFÍO!!!!!!!!

LEMBRADE QUE TEDES QUE DEIXAR A RESPOSTA NO CAIXIÑA CORRESPONDENTE AO VOSO CURSO COS SEGUNTES DATOS:

  • NOME
  • APELIDOS
  • CURSO
  • RESPOSTA AO DESAFÍO
TEDES ATA O XOVES QUE VEN, DÍA 14, PARA ENTREGALO!!!!!!!!!!!!!

O DESAFÍO PARA EDUCACIÓN INFANTIL

GÚSTAVOS A MÚSICA?????? RATIÑO E RATIÑA ESTÁN SEGUROS DE QUE SÍ E DÉIXANVOS UN DESAFÍO MATEMÁTICO-MUSICAL.
TEDES QUE FIXARVOS NA IMAXE!!!SÍ, SON OS ENANIÑOS DE BRANCANEVES E ALGÚNS DELES FAN MÚSICA COS SEUS INSTRUMENTOS.
CANTOS SON OS QUE TEÑEN INSTRUMENTO NAS MANS?????????
VEÑA!!!!! A CONTAR!!!!!!!!!
 
No desafío para  1º E 2º CURSO desta semana tedes que facer un cadrado máxico!!!!!!!!
Neste cadrado temos que colocar os números que faltan de xeito que a súa suma en fila e en columna de como resultado o número que nos piden. Así parece un lío, verdade? Pero vamos ver un exemplo e xa veredes que non o é tanto.
 
 
 
Neste cadrado máxico temos que colocar os números en negro (5, 6, 8 e 7) nos recadros baleiros. Pero non o podemos facer de calquera xeito senón que a suma de cada fila e cada columna, como vos indica, ten que ser :
 
15 
 
 
 





Sabedes que é unha fila? e unha columna?
 Uhna columna é a que forman                                   Unha fila a forman os 3 cadradiños azuis:
 os 3 cadradiños verdes:                                     
 


                                                                                                      



Así, temos 3 filas e 3 columnas
Dixemos que a suma das filas ten que dar 15 non? Pois fixádevos na 1º fila:
 
2+9+4= 15 !!!!!!!
Agora, é mellor facer a 3º columna que temos 2 números: 4+3+?=15. Temos que averiguar o outro número. 4+3=7. Entón 7+?=15 que lle teño que sumar a 7 para que me dea 15????????? contámos......8!!!!!!!!!!!!!! Xa temos outro número para colocar na casilliña!!!!!!!
 
Ben, agora tedes que colocar nos recadros que quedan os números que vos dicían: 5, 6 e 7. Lembrade que filas e columnas teñen que sumar 15!!!!!!!!

 



 

O desafío para 3º e 4ºé un problemiña de lóxica. Ás veces estes problemas que parecen moi compricados son moi doados. Este é o caso. Non tedes que facer ningunha operación pero sí pensar un pouquiño.


 


 Temos 6 vasos, 3 de eles están cheos con auga e os outros 3 baleiros. De que xeito poderías ordealos para que os vasos queden intercalados?. É dicir, que mantendo unha liña, xunto a cada vaso cheo con auga este un  vaso baleiro.


E todo movendo UN SÓ VASO!!!!!!!!!!!
 
E por último o desafío para 5º e 6º.
Tedes que hallar o número total de triángulos da seguinte figura:
 
Vóuvos dar una pista ......veña! é un número par e menor que 20.
 
ÁNIMO A TODOS E TODAS!!!!!!!!

jueves, 30 de abril de 2015

FE DE ERRATAS, AVISO PARA 1º E 2º!!!!!!!

Ola rapaces e rapazas!!!!
O outro día houbo un erro nos resultados do desafío matemático e como ben nos indicaron o resultado era 9!!!!! e non 10. Se lembrades o leñador cortaba un trozo dun metro cada día. Preguntaba cantos días tardaba e claro son 9!!!!!! No noveno día corta un trozo (o noveno) pero tamén o décimo xa que non hai máis que cortar. Así o día décimo non teríamos máis que cortar.

Entón temos que dar por bos os plantexamentos de:

  • Noelia Barros Sio de 2º A
  • Lucía Andrade Campoy de 1º A
Perdoade as molestias e gracias por estar tan atentos e facernos chegar os erros!!!!

sábado, 25 de abril de 2015

OLA RAPAZAS E RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

XA ESTAMOS AQUÍ  COAS SOLUCIÓNS AO DESAFÍO
EN EDUCACIÓN INFANTIL DARVOS AS GRAZAS POLO MOITO QUE PARTICIPADES SEMPRE. SODES UNS CAMPIÓNS!!!!!!
A SOLUCIÓN ERA CONTINUAR A SERIE CON 2 CÍRCULOS PEQUENOS E 2 GRANDES.
 
 OS ACERTANTES FORON:
  • DE 3 ANOS A: EMMA FERNÁNDEZ
  • DE 4 ANOS B: LUIS VÁZQUEZ, NOA SOBRAL E SABELA PEDREIRA
  • DE 4 ANOS A: MARA COMESAÑA E ROMÁN NOGALES
  • DE 5 ANOS:SARA, MANUEL, IVÁN, MIRIAM, NICOLÁS, MÓNICA, XIÁN, ISAAC, XIANA, ANTÓN, ADRIÁN, IAGO, ANA CAROLINA, JOSE MANUEL, ALEJANDRO, MARÍA, XAVI, ALEXANDRE, UXÍA, JUAN MANUEL, PABLONUNO.
NORABOA!!!!!!!!
 
 
En 1º e 2º tamén tivemos moitos acertantes. A solución era 10
 
 
 
 xa que o tronco ten 10 metros e cada día corta un metro.
OS ACERTANTES FORON:
  • Simón Nogales Alonso de 1º A
  • Pedro Alonso Barreiro de 2º A
  • Eva Pérez González de 2º A.
En 3º e 4º non houbo participantes. Que pasou? Era moi difícil? Xa veredes que non tanto....
O primeiro que tíñades que facer é saber cantos estaban no bus, entre o chófer, os nenos, as gatas e os gatiños. Logo averiguar as pernas e as patas que hai. Veamos:
 
1. Cantos van no bus?
  • Un chófer
  • 5 nenos
  • 125 gatas (cada caixa ten 5 gatas; o 1º que temos que saber é cantas caixas hai? se cada neno ten 5 caixas e hai 5 nenos: 5x5=25 caixas; é cada caixa ten 5 gatas: 25x5=125!!) Esto era o máis difícil.
  • 625 gatiños (xa que sabendo que hai 125 gatas e que cada una ten 5 gatiños: 125x5=625!!
2. Cantas patas e pernas van no bus?
  • Un chófer: 2 pernas
  • 5 nenos: cada un ten 2 pernas non?: 5 x 2=10
  • Gatas: se teñen 4 patas e hai 125: 125x4=500
  • Gatiños: tamén teñen 4 patas e son 625: 625x4= 2500
  • Por último sumamos todo: 2500 + 500 +10 + 2= 3012!!!!!!!!  xa temos un número de patas e pernas!!!!
Vale, era un pouco compricado, pero intentádeo de novo e xa veredes como vós sae.


O desafío matemático de 5º e 6º podía ter varias solucións; os números dos círculos en liña tiñan que sumar 16. Así, podía ser:
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
AS ACERTANTES FORON:
  • Noemí Fernández de 6º B
  • Irene Anta Pérez de 6º B


NORABOA A TODOS E TODAS E GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!!!!!
 
ATA PRONTO!!!!!!!!!!!!!


 
 
 
 

viernes, 17 de abril de 2015

DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!DO 17 AO 23 DE ABRIL

OLA RAPACES E RAPAZAS!!!!!!!!

XA ESTAMOS AQUÍ CUN NOVO DESAFÍO!!!


ANTES DE COMEZAR, DICIR QUE HOUBO UN ERRO NAS SOLUCIÓNS DO DESAFÍO ANTERIOR, XA QUE SÍ TIVEMOS ACERTANTES NO CURSO DE 6º B, CONCRETAMENTE, IRENE ANTA PÉREZ. NORABOA!
E AGORA............ VAMOS POÑER OS NOVOS DESAFÍOS..........
LEMBRADE QUE TEDES QUE DEIXAR O PAPELIÑO NA CAIXIÑA QUE CORRESPONDA AO VOSO CURSO E NEL TEDES QUE POR:
  1. NOME E APELIDOS
  2. CURSO
  3. SOLUCIÓN AO DESAFÍO
A DATA LÍMITE É O VINDEIRO XOVES, 23 DE ABRIL!!!!!!!!!!!!


DESAFÍO MATEMÁTICO PARA EDUCACIÓN INFANTIL
 
OLA CATIVIÑOS!!!!!!!
O RATO DA BIBLIOTECA DEIXOU PARA VÓS UN DESAFÍO MOI DOADO. SÓ TEDES QUE SEGUIR A SERIE CON 4 FIGURIÑAS MÁIS.
ÁNIMO!!!!
 
 
DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 1º E 2º
 
Ola rapaces e rapazas!!!!! Aquí tedes o voso desafío. É un acertixo que podedes adiviñar sen facer ninguna operación.....requetefáaaaaaaaacil!!!!!!!!!
 

 
 
DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 3º E 4º
 
Ola nenos e nenas de 3º e 4º!!!!!! Tedes un problemiña que resolver. Tedes que lelo moi ben e xa veredes como vos sae. ÁNIMO!!!!!!!! 

 
 
 
DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 5º E 6º
 
Ola rapazas e rapaces!!!! xa tedes o voso desafío ......A darlle á testiña!!!!

 
 
 
Lembrade ....tedes ata o xoves para entregar os vosos desafíos!!!!!!!
 
E para rematar........ un chiste matemático ;)
 FELIZ SEMANA!!!!!!!!!!!!!!!
 
 



 
 
 


jueves, 9 de abril de 2015

SOLUCIÓNS AO DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!!!

OLA RAPACES E RAPAZAS!!!!!!!

XA VOS TARDABAN AS SOLUCIÓNS AO DESAFÍO NON?
POIS AÍ VAN............

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXÉCHELO MOI BEN. O DESAFÍO PARECÍASE A ESES CUBIÑOS QUE TEDES NA CASA OU NO COLE DE METER AS FIGURIÑAS, VERDADE? POIS BEN,
A QUE LEVABA O NÚMERO 1 CORRESPONDÍA COA FIGURA AZUL,
A QUE LEVABA O NÚMERO 2 COA FIGURA AMARELA
E A QUE LEVABA O NÚMERO 3 COA FIGURA VERMELLA
E OS ACERTANTES FORON:
  • DE 3 ANOS B: GORKA SOTO
  • DE 4 ANOS A: MARA COMESAÑA
  • DE 4 ANOS B: NOA SOBRAL E SABELA PEDREIRA
  • DE 5 ANOS: ADRIÁN, XIANA, MIRIAM, JUANMA, ANA, CAROLINA, JOSE MANUEL, GABRIELA, ÁLEX, MARÍA, NUNO, IAGO, ALEJANDRO, UXÍA, XIÁN, MANU, PABLO, SARA, NICOLÁS, ISAAC, IVÁN, XAVI, ANTÓN, DANIEL.
NORABOA A TODOS E TODAS!!!!!!

E agora vamos cos nenos e nenas de 1º e 2º curso.
Que tal? Era doado?
 Tíñades que buscar todos os número 9 entre o 0 e o 100. A solución era.....:
 
Sí, 20 números conteñen o 9, Vamos ver: 9, 19, 29, 39, 49, 59, 69, 79, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 95, 96, 97, 98 e 99 (neste temos que contar os dous números 9)
 
Noraboa os acertantes que foron:
  • NOELIA BARROS SÍO de 2º A
  • UNAI SOTO MARTÍNEZ de 2º B
En canto os rapaces e rapazas de 3º e 4º os dous números que tíñades que buscar eran o 7 e o 8.
 
 
 
 
 
No círculo azul hai dúas series. As vedes? Unha é: 8-10-12-14. E a outra é: 1-3-5- ?. Obtemos os números sumando 2 ao anterior; entón 5+2= 7
No círculo amarelo tamén temos que sumar pero agora para seguir a serie temos que ir sumando sempre o anterior.
1+1= 2
1+2=3
3+2=5
5+3=8 que é o número que buscamos.
Sabedes que esta serie chámase secuencia de Fibonacci?? Din que ten propiedades máxicas!!!!!!
Aquí tedes un vídeo que a explica un pouquiño:
A que é sorprendente que atopemos esta serie de números en tantas cousas??????
 
Pois ben, os acertantes do desafío foron:
  • PEDRO RODRÍGUEZ PÉREZ de 3º A
  • AITANA DÍAZ BARCIELA de 3º B
  • DAVID CASTRO FOLGAR de 3º B
 
E por último os alumnos e alumnas de 5º e 6º
Aquí tedes a solución. A que así parece moi doada?? :)
 


 
E sintóo, pero esta semana non houbo acertantes.... nin case participantes.... A ver se tedes máis sorte a próxima vez.
 

E ANTES DE DESPEDIRNOS UNHA PEQUENA REGAÑINA....LEMBRARVOS QUE AS CAIXIÑAS ONDE SE METEN OS RESULTADOS DO DESAFÍO NON SON PAPELEIRAS!!!!  TEMOS QUE COIDAR ENTRE TODOS E TODAS AS COUSAS DO COLE.
E SEN MÁIS.....
A SEMANA QUE VEN............
NOVOS DESAFÍOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
DEICALOGO!!!!!!!!!!


lunes, 23 de marzo de 2015





SE ENTRADES HOXE EN GOOGLE PODEDES VER ESTA IMAXE:


133º aniversario del nacimiento de Emmy Noether 
 


O DOODLE DE HOXE ESTÁ ADICADO A EMMY NOETHER (MATEMÁTICA FAMOSA POLAS SÚAS CONTRIBUCIÓNS NOS CAMPOS DA FÍSICA TEÓRICA E A ÁLXEBRA ABSTRACTA).

SAUDIÑOS!!!!