viernes, 27 de febrero de 2015

SOLUCIÓNS Ó DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

OS ACERTANTES DE INFANTIL SON:
  • DA CLASE DE 3 ANOS A: EMMA
  • DA CLASE DE 4 ANOS B: SABELA E DE 4 ANOS A: MARA.
  • DA CLASE DE 5 ANOS: GABRIELA, SARA, MIRIAM, XIANA, PABLO, XABIER, ALEXANDRE, NUNO, ADRIÁN, ALEJANDRO, IVÁN, UXÍA, JOSE MANUEL, ISAAC, ANTÓN, SERGIO, XIÁN, MÓNICA
CONTÁCHEDES BEN AS CARIÑAS???????
TÍÑAMOS 7 CARIÑAS SORRINTES E 5 CARIÑAS ENOXADAS.

UN "HURRA" PARA OS ACERTANTES!!!!!!!!!!!!!!!!



Como bos detectives os alumnos de 1º e 2º descubríchedes que o gañador da carreira foi Andrés. Seguindo as pistas que vos daban o orden de chegada á meta era:

1º) Andrés
2º) Carlos
3º) Rui
4º) Lois

Polo tanto o 1º e gañador foi ANDRÉS!!!!!!!!!!!!

No caso do desafío tamén temos varios gañadores: Simón Nogales Alonso (1º A), Roi García Lorenzo (2ºA) e  Noelia Barro Sío (2º A).

Moitos PARABÉNS!!!!!!!!!!

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º  tíñades que completar nun cadro os números que faltaban. As operacións que leváchedes a cabo foron sumas e restas. Se comezábades pola derradeira columna era máis fácil. Así, temos que buscar un número ao que sumándolle 17 + 16 + 15 dea como resultado 82. ( ? + 17 +16 +15=82), se sumamos os números que temos quedaría en : ? + 48= 82. Para saber canto é ? restamos 82 - 48= 34. E así vamos completando toda a tabla.

Os acertantes de 3º e 4º foron: Daniela González Álvarez (3º B), Aitana Díaz Barciela (3º B) e Daniela Blanco (3º A).

Parabéns chicas!!!!!!!!  Non era doado e o resolvéchedes moi ben.

Agora tócalle a quenda aos rapaces e rapazas de 5º e 6º:

O problema era moi fácil. Non tíñades que facer ningunha operación, máis sí usar a cabeciña. Se vos fixades, ó principio da moitos datos que na realidade non vos valen de nada. Se os dous trenes se cruzan é que están no mesmo punto xeográfico e, polo tanto, están á mesma distancia de calquer outro sitio (neste caso Getafe)

Os gañadores do desafío de 5º e 6º foron: Isaías Gil Rodríguez (6º A), Javier  Varela Francisco (6º B),
Gabriel Doural (6º B), Pablo Romero Estévez (6º B) e Brais Martínez Escudero (6º B)

MOITOS PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

SEGUIDE DÁNDOLLE AOS NÚMERIÑOS :)




 

sábado, 21 de febrero de 2015

DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!!!!!!!! DO 20 AO 27 DE FEBREIRO


OLA A TODOS E TODAS!!!!!!

TRAS UNHA PARADIÑA PARA GOZAR DO ENTROIDO, ESTAMOS AQUÍ DE NOVO CON NOVOS DESAFÍOS MATEMÁTICOS.....

LEMBRADE DEIXAR NO BUZÓN CORREPONDENTE AO VOSO CURSO UN PAPELIÑO COS SEGUINTES DATOS:

  • O VOSO NOME
  • APELIDOS
  • CURSO
  • RESPOSTA Ó DESAFÍO
TEDES ATA O VINDEIRO XOVES PARA CONTESTAR!!!

PREPARADE LÁPIS E PAPEL E...........
......................................................................PONDE A TESTIÑA A TRABALLAR.........





DESAFÍO MATEMÁTICO PARA EDUCACIÓN INFANTIL


CONTADE AS CARIÑAS SORRINTES E AS CARIÑAS ENOXADAS?
HAI MÁIS CARIÑAS SORRINTES OU MÁIS ENOXADAS?
CANTAS SORRINTES HAI?
E ENOXADAS?


FIXÁDEVOS BEN E NON OLVIDEDES SORRIR SEMPRE!!!!!!! :

DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 1º E 2º

Esta semana non tedes excusa para non facer o desafío. É moi, moi, moi doado.
Aí vai o problemiña que tedes que resolver:


Carlos, Lois, Andrés e Rui fan unha carreira en bicicleta. Descobre que foi o gañador seguindo as pistas:

 

  • Ninguén empatou.
  • Andrés chegou antes que Carlos e que Lois.
  • Rui chegou antes que Lois.
  • Carlos chegou antes que Rui.

 




DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 3º E 4º

Aí vai o desafío.....

Que números tedes que poñer nos espazos brancos para que se cumpran as sumas finais das casillas verdes?




DESAFÍO MATEMÁTICO PARA 5º E 6º

Aí vai un problemiña para que resolvades.....

Un tren sae de Valencia hacia Getafe a 60 km/h e outro sae de Getafe hacia Valencia, media hora despois, a 120 km/h.
A distancia desde Valencia ata Getafe é de 360 km.
No momento en que se cruzan os dous trenes, cal dos dous está máis preto a Getafe?



VEÑA ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE......
SORTE!!!!!!!!!!!!!









 

viernes, 6 de febrero de 2015

SOLUCIÓNS DO DESAFÍO MATEMÁTICO





OS ACERTANTES DE INFANTIL SON:

 MARA FONTÁN DA AULA DE 4 ANOS A
XIÁN CONDE MOUCO DA AULA DE 5 ANOS
LUIS, NOA, SERGIO, VIOLETA, XIANA, VEGA, HUGO, MARTA, IZAN, NURIA, SABELA, ANTONIO, ÁLVARO E OLALLA DA AULA DE 4 ANOS B

E A RESPOSTA CORRECTA É......TA CHAN TA CHAN.......

.................................................   O CÍRCULO!!!!!!!!!!!!!!



Para os alunmos e alumnas do 1º e 2º curso a resposta correcta é o 9.
                                                                                      Se escribimos o 9 ó revés convértese nun 6  


Que vós pasou ós nenos e nenas de 1º e 2º esta semana?????????? Tan ocupados estábades que non contestou ninguén....Veña!!! Animádevos na vindeira proba


A resposta correcta para o desafío matemático de 3º e 4º curso é prrrrrrrrrrrrrrprrrrrrrrrrrrrrrrrr.......:  11


Explicación: cada cadro blanco vale 7, cada cadro negro vale 8; pola 3ª figura sabemos que o cadro vermello e azul teñen que valer 3 ou 2. Na última figura descubrimos que cada cadro azul vale 3, así que o cadro vermello vale 2. Sumando 3 azuis e un vermello danos 11.

Parabéns ós acertantes:
Juan David Castro Folgar e
Aitana Díaz Barciela de 3º B.
Uxía Conde Mouco de 3º A.


E por último o resultado do alumnado de 5º e 6º que é: 5.050

Chegámos a este resultado  sumando o primeiro número co último (1+100), o segundo co penúltimo (2+99) e así, sucesivamente, dámonos conta de que todas estas sumas dan  a mesma solución: 101. Se multiplicamos 101 por 50 (que é a cantidade de parellas que se forman cos 100 primeiros números naturais) danos o resultado de 5.050.

Felicidades a todas as ascertantes:

Paula Lorenzo Estévez de 6ºA                       
Andrea Pérez Vilaboa de 6º A
Irene Anta Pérez de 6º B



ATA O VINDEIRO DESAFÍO!!!!!!!!!!!!!!!!