jueves, 9 de abril de 2015

SOLUCIÓNS AO DESAFÍO MATEMÁTICO!!!!!!!!!!

OLA RAPACES E RAPAZAS!!!!!!!

XA VOS TARDABAN AS SOLUCIÓNS AO DESAFÍO NON?
POIS AÍ VAN............

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXÉCHELO MOI BEN. O DESAFÍO PARECÍASE A ESES CUBIÑOS QUE TEDES NA CASA OU NO COLE DE METER AS FIGURIÑAS, VERDADE? POIS BEN,
A QUE LEVABA O NÚMERO 1 CORRESPONDÍA COA FIGURA AZUL,
A QUE LEVABA O NÚMERO 2 COA FIGURA AMARELA
E A QUE LEVABA O NÚMERO 3 COA FIGURA VERMELLA
E OS ACERTANTES FORON:
  • DE 3 ANOS B: GORKA SOTO
  • DE 4 ANOS A: MARA COMESAÑA
  • DE 4 ANOS B: NOA SOBRAL E SABELA PEDREIRA
  • DE 5 ANOS: ADRIÁN, XIANA, MIRIAM, JUANMA, ANA, CAROLINA, JOSE MANUEL, GABRIELA, ÁLEX, MARÍA, NUNO, IAGO, ALEJANDRO, UXÍA, XIÁN, MANU, PABLO, SARA, NICOLÁS, ISAAC, IVÁN, XAVI, ANTÓN, DANIEL.
NORABOA A TODOS E TODAS!!!!!!

E agora vamos cos nenos e nenas de 1º e 2º curso.
Que tal? Era doado?
 Tíñades que buscar todos os número 9 entre o 0 e o 100. A solución era.....:
 
Sí, 20 números conteñen o 9, Vamos ver: 9, 19, 29, 39, 49, 59, 69, 79, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 95, 96, 97, 98 e 99 (neste temos que contar os dous números 9)
 
Noraboa os acertantes que foron:
  • NOELIA BARROS SÍO de 2º A
  • UNAI SOTO MARTÍNEZ de 2º B
En canto os rapaces e rapazas de 3º e 4º os dous números que tíñades que buscar eran o 7 e o 8.
 
 
 
 
 
No círculo azul hai dúas series. As vedes? Unha é: 8-10-12-14. E a outra é: 1-3-5- ?. Obtemos os números sumando 2 ao anterior; entón 5+2= 7
No círculo amarelo tamén temos que sumar pero agora para seguir a serie temos que ir sumando sempre o anterior.
1+1= 2
1+2=3
3+2=5
5+3=8 que é o número que buscamos.
Sabedes que esta serie chámase secuencia de Fibonacci?? Din que ten propiedades máxicas!!!!!!
Aquí tedes un vídeo que a explica un pouquiño:
A que é sorprendente que atopemos esta serie de números en tantas cousas??????
 
Pois ben, os acertantes do desafío foron:
  • PEDRO RODRÍGUEZ PÉREZ de 3º A
  • AITANA DÍAZ BARCIELA de 3º B
  • DAVID CASTRO FOLGAR de 3º B
 
E por último os alumnos e alumnas de 5º e 6º
Aquí tedes a solución. A que así parece moi doada?? :)
 


 
E sintóo, pero esta semana non houbo acertantes.... nin case participantes.... A ver se tedes máis sorte a próxima vez.
 

E ANTES DE DESPEDIRNOS UNHA PEQUENA REGAÑINA....LEMBRARVOS QUE AS CAIXIÑAS ONDE SE METEN OS RESULTADOS DO DESAFÍO NON SON PAPELEIRAS!!!!  TEMOS QUE COIDAR ENTRE TODOS E TODAS AS COUSAS DO COLE.
E SEN MÁIS.....
A SEMANA QUE VEN............
NOVOS DESAFÍOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
DEICALOGO!!!!!!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario